viernes, 14 de mayo de 2010

Congreso FEPAL

No ámbito da atención educativa aos trastornos da linguaxe, veñen sendo de referencia obrigada en todo o estado os xa famosos congresos nacionais FEPAL(Federeación Española de Profesorado de Audición e Linguaxe) que, decarácter anual, chegan neste ano 2010 a súa 20 edición. Así o XXCongreso FEPAL 2010 terá lugar en terras galegas grazas á organizaciónda Asociación Galega de Profesorado Especialista en Técnicas deAudición e Linguaxe (AGPETAL) tendo a linguaxe, a
educación e ainclusión como lema central de traballo.

O Congreso terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo en diversos puntos da cidade da Coruña, e ainscrición permanecerá aberta ata o 15 de xuño.


www.sordos.es